TLIX: Rede de tecnoloxías LiDAR e información xeoespacial

A rede de Tecnoloxías LiDAR e Información Geoespacial (TLIX) promove a colaboración interdisciplinar de grupos de investigación de Galicia, expertos e demandantes das devanditas tecnoloxías, a través de diversas accións de I+D.
A temática que se abordará nela será a da análise, xestión e ordenación territorial usando ferramentas baseadas na información ofrecida polos sistemas de información xeográfica (SIX), e en particular polos sistemas LiDAR (acrónimo do inglés Laser Imaging Detection and Ranging) así como a súa adecuación ás tecnoloxías de computación actuais, que fan da paralelización un requisito ineludible.

Obxectivos

Os obxectivos da rede son:

  • Estudar as necesidades de almacenamento da información xerada polos sistemas LiDAR.
  • Estudar as posibilidades de visualización en tempo real da información.
  • Identificar posibles aplicacións e colaboracións.
  • Estudar o procesamento eficiente da información tanto de cara a visualizacións dos datos como de cara a diversas aplicacións prácticas.
Ligazón á páxina web do proxecto