SERVANDO-PLATFORM: An open architecture for the comprehensive follow-up of patients at home

Neste proxecto procederase á validación da Plataforma Servando, mediante o desenvolvemento dun ensaio clínico en colaboración co Grupo de Cardioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que conta coa participación de pacientes do Servizo de Cardioloxía e Unidade de Cardiopatías Conxénitas (UCC).

Na primeira fase do proxecto desenvolveranse algunhas características novas sobre a plataforma, coma un módulo de xestión da pauta terapéutica e a continuación porase en marcha o estudo, que se centrará en persoas con insuficiencia cardíaca, perseguindo mellorar a súa calidade de vida e reducir o número de hospitalizacións.

Obxectivos

Os obxectivos máis relevantes deste proxecto son os seguintes:

  • Desenvolver un servizo de xestión de terapia para a plataforma Servando.
  • Definir e validar un protocolo de seguimento domiciliario específico para pacientes con insuficiencia cardíaca.
  • Levar a cabo un estudo con pacientes reais que permita validar a plataforma, tanto no seu aspecto técnico coma no relativo á usabilidade e á súa capacidade de mellorar a calidade de vida dos pacientes.
  • Avaliar a capacidade dun sistema de seguimento domiciliario para a detección temperá de situacións de risco.