MeteoSIX: Sistema de información xeográfica para a xestión e difusión da información meteorolóxica e oceanográfica de Galicia
A Unión Europea estableceu a través da directiva INSPIRE un conxunto de normas para desenvolver a Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) comunitaria, de tal maneira que as administracións deben implantar e xestionar unha rede de servizos públicos de información xeográfica.
Para a súa implementación utilízanse os estándares de servizos web propostos polo Open Geospatial Consortium (OGC) como:
- A iniciativa Sensor Web Enablement (SWE) que define estándares para a interfaz de servizos web de acceso a datos de sensores como o Sensor Observation Service (SOS), de xestión de avisos como o Sensor Alert Service (SAS) e de configuración como o Sensor Planning Service (SPS). Estes necesitan á súa vez de outros como o Observations and Measurements (OM) e o Sensor Model Language (SensorML).
- A interfaz estándar Web Processing Service (WPS) que permite servir a través da web funcionalidade de procesamento en arquitecturas baseadas en SOAP e REST.
MeteoSIX contribúe a mellorar a difusión da información meteorolóxica e oceanográfica producida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través de MeteoGalicia a toda a comunidade de usuarios. Proporciona tamén un marco para a experimentación con servizos web de procesamento que faciliten a colaboración entre MeteoGalicia, como servidor de datos, e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), como provedor de infraestruturas de computación de altas prestacións para o procesamento eficiente destes datos.
Obxectivos
- Creación dunha IDE (Infraestrutura de Datos Espaciais) de información meteorolóxica e oceanográfica que será implantada en MeteoGalicia e no CESGA.
- Desenvolvemento dun xeoportal web que permita o acceso integrado á información meteorolóxica e oceanográfica de MeteoGalicia.
- Implementación de aplicacións de xestión interna.
- Validación, probas e control da calidade do sistema e implantación dos compoñentes en nodos de MeteoGalicia e do CESGA.
Proxecto
/research/projects/sistema-de-informacion-xeografica-para-a-xestion-e-difusion-da-informacion-meteoroloxica-e-oceanografica-de-galicia

A Unión Europea estableceu a través da directiva INSPIRE un conxunto de normas para desenvolver a Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) comunitaria, de tal maneira que as administracións deben implantar e xestionar unha rede de servizos públicos de información xeográfica.

Para a súa implementación utilízanse os estándares de servizos web propostos polo Open Geospatial Consortium (OGC) como:

A iniciativa Sensor Web Enablement (SWE) que define estándares para a interfaz de servizos web de acceso a datos de sensores como o Sensor Observation Service (SOS), de xestión de avisos como o Sensor Alert Service (SAS) e de configuración como o Sensor Planning Service (SPS). Estes necesitan á súa vez de outros como o Observations and Measurements (OM) e o Sensor Model Language (SensorML).

A interfaz estándar Web Processing Service (WPS) que permite servir a través da web funcionalidade de procesamento en arquitecturas baseadas en SOAP e REST.

MeteoSIX contribúe a mellorar a difusión da información meteorolóxica e oceanográfica producida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través de MeteoGalicia a toda a comunidade de usuarios. Proporciona tamén un marco para a experimentación con servizos web de procesamento que faciliten a colaboración entre MeteoGalicia, como servidor de datos, e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), como provedor de infraestruturas de computación de altas prestacións para o procesamento eficiente destes datos.

Creación dunha IDE (Infraestrutura de Datos Espaciais) de información meteorolóxica e oceanográfica que será implantada en MeteoGalicia e no CESGA.

Desenvolvemento dun xeoportal web que permita o acceso integrado á información meteorolóxica e oceanográfica de MeteoGalicia.

Implementación de aplicacións de xestión interna.

Validación, probas e control da calidade do sistema e implantación dos compoñentes en nodos de MeteoGalicia e do CESGA.

projects_gl