CARE-U: Un contorno de saúde integrador e ubicuo para a autoxestión da enfermidade crónica
A sustentabilidade dos sistemas públicos de saúde vese ameazada por diferentes factores, entre os que se atopa o continuo envellecemento da poboación e o consecuente incremento na prevalencia das enfermidades crónicas, abrindo un intenso debate sobre a necesidade de novos modelos de coidados. A autoxestión da enfermidade aparece como un novo paradigma de coidado onde os pacientes crónicos deben aprender como levar a cabo as actividades da súa vida diaria dun xeito óptimo con respecto ás súas limitacións fisiolóxicas e como reducir a severidade das súas enfermidades por medio da adaptación do seu estilo de vida ás súas condicións.
O obxectivo principal deste proxecto é o deseño e implementación de CARE-U, unha contorna integradora para o desenvolvemento, validación, avaliación e despregamento dunha nova xeración de servizos de saúde de carácter ubicuo, chamados a incrementar a relevancia dos pacientes na xestión da súa enfermidade. A contorna proposta baséase nunha arquitectura aberta previa, que dialoga con múltiples dispositivos médicos e que facilita a incorporación de servizos de terceiros, nunha implementación destinada a dispositivos móbiles de consumo doméstico.
Obxectivos
Os obxectivos específicos do proxecto son os seguintes:
- Propor, deseñar e desenvolver un novo framework temporal baseado en razoamento abductivo para a interpretación de biosinais.
- Propor, deseñar e desenvolver unha ferramenta de edición colaborativa para os plans de saúde, con soporte para estratexias de gamificación.
- Propor, deseñar e desenvolver novos procedementos de minaría de datos temporal orientados ao descubrimento de excepcións, que serán integrados na plataforma CARE-U.
- Deseñar e desenvolver a plataforma que incluirá todas as características e funcionalidades requiridas para alcanzar os obxectivos do proxecto.
- Avaliar a plataforma nun caso real de autoxestión da enfermidade no fogar.
- Desenvolver os mecanismos e protocolos para garantir a lexislación española relativa á privacidade de datos médicos.
Proxecto
/research/projects/un-contorno-de-saude-integrador-e-ubicuo-para-a-autoxestion-da-enfermidade-cronica

A sustentabilidade dos sistemas públicos de saúde vese ameazada por diferentes factores, entre os que se atopa o continuo envellecemento da poboación e o consecuente incremento na prevalencia das enfermidades crónicas, abrindo un intenso debate sobre a necesidade de novos modelos de coidados. A autoxestión da enfermidade aparece como un novo paradigma de coidado onde os pacientes crónicos deben aprender como levar a cabo as actividades da súa vida diaria dun xeito óptimo con respecto ás súas limitacións fisiolóxicas e como reducir a severidade das súas enfermidades por medio da adaptación do seu estilo de vida ás súas condicións.

O obxectivo principal deste proxecto é o deseño e implementación de CARE-U, unha contorna integradora para o desenvolvemento, validación, avaliación e despregamento dunha nova xeración de servizos de saúde de carácter ubicuo, chamados a incrementar a relevancia dos pacientes na xestión da súa enfermidade. A contorna proposta baséase nunha arquitectura aberta previa, que dialoga con múltiples dispositivos médicos e que facilita a incorporación de servizos de terceiros, nunha implementación destinada a dispositivos móbiles de consumo doméstico.

Os obxectivos específicos do proxecto son os seguintes:

Propor, deseñar e desenvolver un novo framework temporal baseado en razoamento abductivo para a interpretación de biosinais.

Propor, deseñar e desenvolver unha ferramenta de edición colaborativa para os plans de saúde, con soporte para estratexias de gamificación.

Propor, deseñar e desenvolver novos procedementos de minaría de datos temporal orientados ao descubrimento de excepcións, que serán integrados na plataforma CARE-U.

Deseñar e desenvolver a plataforma que incluirá todas as características e funcionalidades requiridas para alcanzar os obxectivos do proxecto.

Avaliar a plataforma nun caso real de autoxestión da enfermidade no fogar.

Desenvolver os mecanismos e protocolos para garantir a lexislación española relativa á privacidade de datos médicos.

- Paulo Félix Lamas - Senén Barro Ameneiro, Jesús María Rodríguez Presedo
projects_gl