Ainhoa Vivel Couso
En 2021 fun beneficiaria dunha bolsa de verán do CiTIUS, onde iniciei a miña actividade investigadora no ámbito das Tecnoloxías da Linguaxe Natural. En 2022 participei no Proxecto Nós, colaborando na creación de recursos lingüísticos textuais para o galego co obxectivo de favorecer a súa integración en ferramentas de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN). En 2023 fun a ganadora da IV Edición de Altia Premia polo meu Traballo de Fin de Grao, centrado na xeración automática de descricións en linguaxe natural para xustificar a idade cronolóxica estimada mediante un método baseado en aprendizaxe profunda. Entre 2023 e 2024 traballei no Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) como colaboradora de investigación, participando nos proxectos REPROHUM e DeepR3.
En 2024 obtiven unha axuda de apoio á etapa predoutoral da Xunda de Galicia (ED481A-2024-059). Dende entón, estou a realizar o meu doutoramento no CiTIUS, centrado no estudo da simplificación textual e da explicabilidade en modelos de linguaxe, así como no desenvolvemento de métodos eficientes e enerxeticamente sostibles para a súa extensión, reutilización e adaptación a novos dominios, xéneros e linguas. No marco da miña investigación, realizo estudos de reproducibilidade e repetibilidade de experimentos publicados, así como o adestramento e a adaptación de modelos de linguaxe mediante técnicas de transferencia de coñecemento, co obxectivo de investigar estratexias eficientes para a reutilización e adaptación de modelos previamente adestrados a novos contextos.
Persoal investigador predoutoral
/team/ainhoa-vivel-couso
team_gl