Antonio Rodríguez Sánchez
Dr. Antonio Rodríguez-Sánchez, PhD.,é actualmente profesor distinguido do Grupo de Visión Artificial do CiTIUS, no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela.
Anteriormente, foi profesor titulst no grupo de Sistemas Intelixentes e Interactivos do Departamento de Informática da Universidade de Innsbruck(Austria) entre 2019 e 2025. Realizou o seu doutoramento no "Center for Vision Research" (Universidade de York, Toronto, Canadá) sobre o modelado da atención e as áreas intermedias da cortiza visual, baixo a supervisión do profesor John K. Tsotsos ("Canada Research Chair"). Obtivo o título de Licenciatura en Informática na Universidade da Coruña (España) en 1998. Diplomouse con matrícula de honra en Informática (Sistemas Lógicos) pola Universidade de Córdoba (España) e realizou o seu traballo de fin de grao na Universidade da Rochelle (Francia). É membro ELLIS e conta con máis de 90 publicacións (unhas 1.700 citas, índice h de 20) en revistas e congresos internacionais sobre aprendizaxe automática e aprendizaxe profunda, visión artificial, neurociencia computacional e robótica.
Os seus intereses de investigación actuais abarcan diferentes áreas da intelixencia artificial: visión artificial, imaxes médicas, redes neurais (profundas), neurocienciacomputacional, aprendizaxe automática, robótica e IA explicable.
Ademais, desde un punto de vista «afeccionado», interésanlle outros campos científicos non relacionados coa informática, como a física, as matemáticas, a bioloxía, a historia, os deportes (esquí, natación, sendeirismo, esgrima) e a fotografía.
Persoal investigador de programas competitivos
/team/antonio-rodriguez-sanchez
team_gl