David Robredo Manuel
Son graduado en Enxeñaría Informática (2020-2024) pola Universidade Europea Miguel de Cervantes. Realicei o Máster en Intelixencia Artificial (2024-2026) na Universidade de Santiago de Compostela. O meu traballo ata o momento centrouse tanto no desenvolvemento de software como na investigación no campo do procesamento da linguaxe natural.
A miña carreira investigadora comezou no CiTIUS, onde fun contratado para dar apoio ao proxecto DeepR3 e, máis adiante, continuei realizando o meu traballo de fin de máster. Actualmente son membro do proxecto CONFIA e estou a realizar o meu doutoramento, no que, de novo, me centro no procesamento da linguaxe e, máis concretamente, na xeración confiable de texto.
Persoal investigador predoutoral
/team/david-robredo-manuel
team_gl