Francisco Javier Cardama Santiago
Son graduado en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela en 2021, e posteriormente, en 2022, completei un mestrado en Computación de Altas Prestacións na mesma universidade. Os meus primeiros anos de actividade investigadora enfocáronse no desenvolvemento de técnicas computacionalmente eficientes para a detección de cambios entre imaxes de sensado remoto.
Dende o 2022 encóntrome cursando o programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información no CiTIUS. A miña tesis enfócase na innovación e desenvolvemento de técnicas vinculadas á computación cuántica distribuída e as súas potenciais aplicacións, reflexando o meu profundo interese no ámbito da supercomputación. Ademáis, para seguir ampliando os meus coñecementos no meu campo de investigación, en 2023 inscribinme no novo mestrado en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica (MQIST), ofrecido e impartido polas tres universidades galegas.
Tamén me apasiona divulgar a ciencia entre a sociedade, o que me levou a impartir numerosas charlas sobre temas de actualidad, como a supercomputación ou ChatGPT, en institutos e eventos científicos, como o Pint of Science.
Por último, tamén colaborei en proxectos que van máis alá da miña investigación principal. Un dos máis notables foi a creación colaborativa da canción galega “Florespiña” para o AI Song Contest 2023. Esta canción foi elaborada a partir do desenvolvemento de modelos de intelixencia artificial co reto de recrear a voz da artista Ana Kiro. Este traballo levouse a cabo nun equipo multidisiciplinario que contou có aporte técnico de catro investigadores do CiTIUS e o equipo artístico do grupo PAMP!.
Persoal investigador predoutoral
/team/francisco-javier-cardama-santiago
team_gl