Jesús María Rodríguez Presedo

Son profesor titular de universidade na Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial (CCIA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Pertenzo ao Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI), que conta con máis de 20 anos de experiencia no desenvolvemento de aplicacións para a monitorización intelixente de pacientes. Así mesmo, fun secretario da Cátedra Telefónica de Telemedicina da USC e presidente do comité organizador do Congreso Anual da Sociedade Española de Enxeñería Biomédica de 2004 (CASEIB2004), e participei, ben como colaborador ou como investigador principal, en numerosos proxectos coa industria, entre os que destaca Endesa As Pontes ou o CIS de Ferrol.

 

As miñas liñas de investigación están relacionadas coa telemonitorización intelixente e en tempo real de pacientes no fogar. Traballou en proxectos relacionados co seguimento de pacientes con Síndrome de Apnea/Hipoapnea do Sono (SAHS), Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC) ou fallo cardíaco. Os meus intereses son o procesado dixital de sinais aplicado ao procesamento de todo tipo de sinais fisiolóxicos, fundamentalmente ECG e SaO2.