José Ramón Ríos Viqueira

José R.R. Viqueira é Profesor Titular no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ademais, na USC, é membro fundador do grupo de investigación COGRADE do departamento de Electrónica e Computación da USC. Na actualidade lidera liñas de investigación relacionadas coa xestión de grandes conxuntos de datos de natureza científica, con especial énfase nos datos medioambientais e con dimensións espazotemporais, liderando proxectos de investigación internacionais, nacionais e rexionais e contratos con empresas e administracións públicas.

É licenciado en informática (1998) pola Universidade da Coruña (UDC). Despois de dous anos de investigación na AU of Athens (Grecia), financiados polo proxecto europeo CHOROCHRONOS, e dous mais na UDC, obtivo o seu doutorado europeo en 2003 no campo das bases de datos espazotemporais. Durante a súa carreira, como membro de 4 grupos de investigación diferentes, estivo involucrado en traballos de investigación relacionados coa xestión de datos espaciais e espazotemporais, con especial relevancia nas aplicacións SIG e nos datos de sensores. É autor de numerosos artigos de investigación internacionais, participou en moitos proxectos de ámbito internacional, nacional e rexional e en cerca de un cento de contratos con empresas e administracións públicas. Participou en comités de congresos e foi revisor de revistas internacionais. É tamén socio fundador de dúas empresas spin-off da UDC, ambas actualmente en activo.