Manuel Lama Penín

Son Catedrático de Universidad en Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Colaborei en 51 proxectos e contratos de I+D, asumindo o papel de investigador principal en 29 deles. Como resultado desta investigación, publiquei máis de 150 artígos científicos, dos cales 52 publicáronse en revistas e libros nacionais e internacionais. Estes traballos exploran técnicas de aprendizaxe automático e modelado de coñecemento en diversas áreas, como a minería de procesos, a monitorización preditiva, a xestión de procesos de negocio, o modelado semántico e a computación de servicios, para abordar problemas nos ámbitos da Saúde, a Industria ou a aprendizaxe electrónica (e-learning).

Tamén son co-fundador de InVerbis Analytics (https://web.inverbisanalytics.com), unha empresa creada co apoio do programa IGNICIA Proof of Concept financiado pola Xunta de Galicia co obxectivo de comercializar os resultados da investigación en minería de procesos. Esta iniciativa foi galardoada co Premio á Transferencia de Tecnoloxía da Real Academia de Ciencias de Galicia.