Noel Suárez Barro

Gradueime en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no 2022 e cursei o Máster en Intelixencia Artificial ata 2024. Daquela, comecei a tese en causalidade e predición en minería de procesos con modelos de grafos, aínda que pronto redirixin a miña investigación co fin de aplicar estes mesmos modelos para apoiar o descubrimento de fármacos (drug discovery).

Ademáis da miña labor investigadora, gozo enormemente da docencia. Formo parte do equipo de Proxecto Integrador de IA I e II, titorizando proxectos reais con empresas. Tamén colaboro con gara.bio, un software de visualización de proteínas gañador dun Hackathon da Cátedra Camelia.

Apasióname a divulgación, a colaboración interdisciplinar e emprender novos retos que acheguen a investigación á sociedade.