Pablo Gamallo Otero
Pablo Gamallo Otero

Defendín a tese de Lingüística en 1998, na Université Blaise Pascal. Despois traballei varios anos como post-doc no Centro de Intelixencia Artificial da Universidade Nova de Lisboa. Desde 2004 traballo na Universidade de Santiago de Compostela (USC), primeiro como investigador Isidro Parga Pondal, despois como Ramón y Cajal e, actualmente, como profesor titular. Fun promotor e socio fundador de Cilenis, spin-off da USC sobre tecnoloxías da lingua e principal desenvolvedor de software linguístico como Linguakit e Avalingua.

O meu principal interese científico é o Procesamento da Lingua Natural e a Extracción de Información. Na actualidade, estou envolvido en proxectos sobre extracción de relacións semánticas e o deseño de modelos de lingua híbridos (neuro-simbólicos) com aplicacións na análise de sentimento e a desinformación, entre outras tarefas de PLN.

Canonical link