Paula López Martínez

Son doutora en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrática de Electrónica e directora adxunta do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). Dende xuño de 2024 dirixo a Cátedra Televés de Microelectrónica da USC.

O meu traballo de investigación inclúe o deseño de circuítos integrados de sinal mixto, particularmente sensores de imaxe e circuítos de recolección e xestión da enerxía no ámbito biomédico e de IoT. Son autora de máis de 100 publicacións internacionais e revisora habitual de revistas e congresos. Son membro senior do IEEE e secretaria do Comité Técnico de Sensores do IEEE Circuits and Systems Society (CAS). De 2006 a 2008, exercín o cargo de tesoureira da sección española do IEEE Women in Engineering (WIE).