Sabrina Sotelo Penedo

Conto cun grao en Enxeñería Informática (2025) e un máster en Big Data (2026), ambos pola Universidade de Santiago de Compostela.

Actualmente, curso un doutoramento en Tecnoloxías da Información, centrado no procesamento da linguaxe natural (NLP). Os meus intereses de investigación oriéntanse, en particular, á aplicación de técnicas de NLP en datos procedentes de redes sociais e no ámbito educativo, integrando así os meus intereses pola análise de datos a gran escala, a intelixencia artificial e o impacto social da tecnoloxía.