Equipamento avanzado para caracterización espectral e análise fotovoltaica

Equipos para medir eficiencia cuántica, resposta espectral e características corrente-tensión de células solares e outros dispositivos optoelectrónicos, permitindo estudar o seu comportamento espectral e rendemento fotovoltaico.

Equipamento

  • Sistema de caracterización espectral PVE300.
  • Fotodíodos de referencia SI RR-1002 e AsGs RR-1003 para calibración e medidas comparativas.
  • Simulador solar Pico DIR-BASE-UV-NIR, desde ultravioleta ata infravermello próximo.
  • Trazador de curvas I-V Keithley PZ2100A para correntes ultrabaixas e varridos programables de tensión e corrente.

Acceso

Esíxese formación acreditada en física aplicada, enerxías renovables, optoelectrónica ou disciplinas relacionadas, xunto con experiencia demostrable en caracterización fotovoltaica e espectral.

É obrigatoria a formación en seguridade e no manexo dos equipos.

A dispoñibilidade depende das solicitudes internas e externas. O uso externo está limitado a 16 horas semanais e require reserva anticipada, indicando o uso ou servizo solicitado.

O servizo está suxeito a tarifación.