Actualidade

Voces para inspirar: mulleres que constrúen o futuro dixital
Noticia25 de abril de 2025

Voces para inspirar: mulleres que constrúen o futuro dixital

Con motivo do Día Internacional das Nenas nas TIC, o CiTIUS lanza un novo pódcast no que reúne a varias mulleres que comparten as súas experiencias e reflexións en torno aos seus estudos, a súa carreira investigadora e o seu vínculo coa tecnoloxía.

Do 'Dr. Google' a ChatGPT: son fiables as respostas da rede a preguntas sobre saúde?
Noticia10 de abril de 2025

Do 'Dr. Google' a ChatGPT: son fiables as respostas da rede a preguntas sobre saúde?

Un estudo publicado na revista científica ‘NPJ Digital Medicine’, do grupo ‘Nature’, analiza o grao de veracidade das respostas que se obteñen na Internet ante dúbidas relacionadas coa saúde, xa sexa a través de buscadores convencionais ou ferramentas de Intelixencia Artificial.

Lorenzo Vaquero, Premio Extraordinario de Doutoramento
Noticia8 de abril de 2025

Lorenzo Vaquero, Premio Extraordinario de Doutoramento

O investigador titulado no CiTIUS amplía o palmarés do centro na categoría de Ciencias e Enxeñerías 2022-2023.

David Robredo recibe o premio ao mellor expediente da súa promoción en Enxeñaría Informática
Noticia3 de abril de 2025

David Robredo recibe o premio ao mellor expediente da súa promoción en Enxeñaría Informática

A Universidade Europea Miguel de Cervantes recoñeceu ao investigador do CiTIUS co 'Premio Extraordinario ao Rendemento Académico', que distingue ao estudante coa mellor nota media do grao en Enxeñaría Informática durante o curso 2023–2024.

A spinoff 'energHius', quinta iniciativa empresarial do CiTIUS, comeza oficialmente a súa andaina no mercado
Noticia25 de marzo de 2025

A spinoff 'energHius', quinta iniciativa empresarial do CiTIUS, comeza oficialmente a súa andaina no mercado

Constituida como unha compañía de base tecnológica especializada no deseño de circuitos avanzados para captar enerxía a escala micrométrica, a empresa nace da investigación desenvolta no centro e reafirma as capacidades do CiTIUS, a USC e Santiago de Compostela como polos de innovación nun ámbito estratéxico.

Un proxecto pioneiro no mundo explorará o uso reparador da realidade virtual para aliviar a ansiedade ante a morte
Noticia12 de febreiro de 2025

Un proxecto pioneiro no mundo explorará o uso reparador da realidade virtual para aliviar a ansiedade ante a morte

O investigador David Glowacki lidera desde o CiTIUS da USC unha nova investigación auspiciada pola institución filantrópica ‘Tiny Blue Dot Foundation’ (EE. UU.), que seleccionou o proxecto do ‘Laboratorio de Realidades Intanxibles’ do centro (IRL) entre as 12 únicas iniciativas que financiará a nivel mundial no ámbito da neurociencia.

11F 2025: O CiTIUS ofrece unha nova edición dos seus obradoiros sobre ciencia na infancia
Noticia7 de febreiro de 2025

11F 2025: O CiTIUS ofrece unha nova edición dos seus obradoiros sobre ciencia na infancia

A investigadora Eva Cernadas conduce dúas actividades de rexistro gratuíto, que facilitan materiais didácticos para o profesorado de centros de educación infantil, primaria e secundaria.

A Comisión Europea selecciona o proxecto HYBRIDS para participar nun foro sobre democracia dixital
Noticia30 de xaneiro de 2025

A Comisión Europea selecciona o proxecto HYBRIDS para participar nun foro sobre democracia dixital

A Rede Doutoral HYBRIDS, coordinada polo CiTIUS, recibe unha invitación para participar nun encontro promovido polo executivo europeo, despois de ser recoñecida como ‘un modelo de boas prácticas na loita contra a desinformación'.

A Intelixencia na palabra: un ano de éxitos en tecnoloxías lingüísticas
Noticia29 de xaneiro de 2025

A Intelixencia na palabra: un ano de éxitos en tecnoloxías lingüísticas

O CiTIUS pecha un 2024 brillante nesta área co Premio ao Mellor Artigo na cuadravixésima edición do Congreso Internacional da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural (SEPLN).