David E. Losada amosa os resultados de ROGERS, un sistema desenvolvido xunto coa Universidade de Michigan que utiliza grandes modelos de linguaxe para xerar conversacións realistas entre terapeutas e pacientes simulados.
Os investigadores Francisco Javier Cardama e Jorge Vázquez participan nun dos principais encontros internacionais sobre tecnoloxías cuánticas cun titorial dedicado a dúas novas ferramentas de código aberto que permiten programar e experimentar con aplicacións de computación cuántica distribuída.
O centro de investigación da USC actualiza a súa misión, visión e valores para reforzar o seu compromiso cunha intelixencia artificial fiable e responsable, centrada nas persoas, máis humana e cun impacto positivo na sociedade.
O investigador Manuel Loureiro participa en Bruselas nun acto organizado con motivo do Día Europeo das Linguas, promovido pola compañía tecnolóxica Google. O encontro serviu para abordar o papel da intelixencia artificial no futuro da diversidade cultural e lingüística.
O congreso anual da European Society of Cardiology (ESC 2026), encontro internacional de referencia no ámbito cardiovascular, acolle a presentación dun traballo para diferenciar a síndrome de Takotsubo en pacientes con síntomas de infarto de miocardio, desenvolvido por investigadores do CiTIUS en colaboración co Karolinska Institutet e a Universidade de Cambridge.
Marta Vázquez Abuín presenta no principal congreso sobre procesamento da linguaxe natural unha investigación sobre a capacidade dos modelos de linguaxe para identificar 'falsos amigos' (ou 'false friends'): palabras de linguas diferentes que se escriben ou pronuncian de forma moi semellante malia ter significados distintos.
A USC participa a través do CiTIUS nesta nova alianza estatal, que promoverá proxectos de investigación conxuntos, a captación de financiamento competitivo, a mobilidade e atracción de talento e a transferencia de coñecemento á sociedade.
Volve Inside the Lab, a xornada anual de presentación de resultados científicos do CiTIUS perante o mundo da empresa e a administración.
José Manuel Fernández de Labastida, máximo responsable da Axencia Estatal de Investigación (AEI), coñeceu de primeira man a estratexia científica do CiTIUS, a súa capacidade para atraer talento investigador e algunhas das iniciativas que exemplifican a aposta do centro pola excelencia, a transferencia de coñecemento e a innovación.








