Actualidade

O CiTIUS presenta en China un sistema de intelixencia artificial que simula sesións de psicoterapia para formar terapeutas
Noticia5 de novembro de 2026

O CiTIUS presenta en China un sistema de intelixencia artificial que simula sesións de psicoterapia para formar terapeutas

David E. Losada amosa os resultados de ROGERS, un sistema desenvolvido xunto coa Universidade de Michigan que utiliza grandes modelos de linguaxe para xerar conversacións realistas entre terapeutas e pacientes simulados.

Dúas novas ferramentas de computación cuántica distribuída ven á luz na IEEE Quantum Week 2026 en Toronto
Noticia2 de novembro de 2026

Dúas novas ferramentas de computación cuántica distribuída ven á luz na IEEE Quantum Week 2026 en Toronto

Os investigadores Francisco Javier Cardama e Jorge Vázquez participan nun dos principais encontros internacionais sobre tecnoloxías cuánticas cun titorial dedicado a dúas novas ferramentas de código aberto que permiten programar e experimentar con aplicacións de computación cuántica distribuída.

O CiTIUS aposta pola dimensión humana da IA e abre un novo proceso de vinculación de persoal investigador
Noticia19 de outubro de 2026

O CiTIUS aposta pola dimensión humana da IA e abre un novo proceso de vinculación de persoal investigador

O centro de investigación da USC actualiza a súa misión, visión e valores para reforzar o seu compromiso cunha intelixencia artificial fiable e responsable, centrada nas persoas, máis humana e cun impacto positivo na sociedade.

O Proxecto Nós presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o galego nos grandes modelos de IA
Noticia1 de outubro de 2026

O Proxecto Nós presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o galego nos grandes modelos de IA

O investigador Manuel Loureiro participa en Bruselas nun acto organizado con motivo do Día Europeo das Linguas, promovido pola compañía tecnolóxica Google. O encontro serviu para abordar o papel da intelixencia artificial no futuro da diversidade cultural e lingüística.

Presentan no maior congreso mundial de cardioloxía un novo modelo de aprendizaxe probabilista para identificar a síndrome de Takotsubo
Noticia15 de setembro de 2026

Presentan no maior congreso mundial de cardioloxía un novo modelo de aprendizaxe probabilista para identificar a síndrome de Takotsubo

O congreso anual da European Society of Cardiology (ESC 2026), encontro internacional de referencia no ámbito cardiovascular, acolle a presentación dun traballo para diferenciar a síndrome de Takotsubo en pacientes con síntomas de infarto de miocardio, desenvolvido por investigadores do CiTIUS en colaboración co Karolinska Institutet e a Universidade de Cambridge.

Un traballo do CiTIUS chega á ACL 2026, o principal foro científico internacional sobre o procesamento da linguaxe natural
Noticia7 de setembro de 2026

Un traballo do CiTIUS chega á ACL 2026, o principal foro científico internacional sobre o procesamento da linguaxe natural

Marta Vázquez Abuín presenta no principal congreso sobre procesamento da linguaxe natural unha investigación sobre a capacidade dos modelos de linguaxe para identificar 'falsos amigos' (ou 'false friends'): palabras de linguas diferentes que se escriben ou pronuncian de forma moi semellante malia ter significados distintos.

Digna de confianza: 10 universidades crean a rede 'ConfIA' para impulsar unha IA confiable e responsable
Noticia4 de agosto de 2026

Digna de confianza: 10 universidades crean a rede 'ConfIA' para impulsar unha IA confiable e responsable

A USC participa a través do CiTIUS nesta nova alianza estatal, que promoverá proxectos de investigación conxuntos, a captación de financiamento competitivo, a mobilidade e atracción de talento e a transferencia de coñecemento á sociedade.

Unha década de Inside The lab: ábrense de novo as portas ás empresas do sector tecnolóxico
Noticia7 de xullo de 2026

Unha década de Inside The lab: ábrense de novo as portas ás empresas do sector tecnolóxico

Volve Inside the Lab, a xornada anual de presentación de resultados científicos do CiTIUS perante o mundo da empresa e a administración.

O director da Axencia Estatal de Investigación interésase polo modelo de investigación, transferencia e innovación do CiTIUS durante a súa visita ao centro
Noticia2 de xullo de 2026

O director da Axencia Estatal de Investigación interésase polo modelo de investigación, transferencia e innovación do CiTIUS durante a súa visita ao centro

José Manuel Fernández de Labastida, máximo responsable da Axencia Estatal de Investigación (AEI), coñeceu de primeira man a estratexia científica do CiTIUS, a súa capacidade para atraer talento investigador e algunhas das iniciativas que exemplifican a aposta do centro pola excelencia, a transferencia de coñecemento e a innovación.