A entrega tivo lugar na gala da 'XVIII Noite da Enxeñaría Informática Galega', celebrada o venres 12 de xuño en Santiago.
O encontro final da rede doutoral europea coordinada polo CiTIUS reunirá en Trento especialistas internacionais en intelixencia artificial, comunicación dixital e políticas públicas para analizar os desafíos que supoñen a desinformación, a polarización e os modelos xenerativos nas sociedades democráticas.
O encontro, impulsado polo Proxecto Nós a través do Instituto da Lingua Galega e do CiTIUS da USC, reuniu empresas, persoal investigador e institucións para presentar casos de uso empresariais desenvolvidos a partir dos recursos lingüísticos e tecnolóxicos do ecosistema ALIA.
A quinta edición da IEEE HDCRS Summer School regresa a Santiago de Compostela para celebrar a súa terceira edición consecutiva no CiTIUS, reunindo persoas expertas procedentes da academia, centros de investigación, axencias espaciais e empresas tecnolóxicas para explorar o futuro da intelixencia artificial, a computación de altas prestacións, as tecnoloxías cuánticas e a observación da Terra.
A Universidade de Santiago celebra a graduación da primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial, unha titulación pioneira que culmina o seu primeiro ciclo formativo respaldada por unha ampla rede de colaboración con empresas e institucións, cunha participación decisiva do CiTIUS na docencia, na investigación e na formación práctica do alumnado.
A plataforma, desenvolvida polo CiTIUS en colaboración coa Fundación Hermes, enmárcase no Observatorio de Dereitos Dixitais (ODD), co apoio de Red.es
Senén Barro, director científico do centro, preside o Comité Asesor deste órgano estratéxico, presentado hoxe na Coruña para impulsar unha intelixencia artificial ética e fiable
O encontro inicial do proxecto, celebrado en Donostia-San Sebastián, marca o inicio dunha iniciativa estatal en intelixencia artificial orientada a desenvolver modelos de linguaxe máis fiables, éticos e centrados nas persoas.
Persoal investigador, empresas e institucións de Galicia e Portugal reúnense para reforzar a cooperación en tecnoloxías da linguaxe para o galego-portugués no marco de ALIA, que promove unha infraestrutura pública de recursos de IA nas linguas do Estado español








