[object Object]
Tecnoloxías lingüísticas

Tecnoloxías lingüísticas

O Procesamiento de Linguaxe Natural (PLN) é unha área interdisciplinar entre a Intelixencia Artificial e a Lingüística que ten como principal obxectivo permitir que os computadores entendan e falen as linguas naturais dunha forma similar a como o fan as persoas. Para chegar a este obxectivo é necesario desenvolver recursos lingüísticos e modelos cos que se consiga procesar, analizar e entender as linguas humanas, así como producir estruturas lingüísticas realistas.

O noso traballo en PLN abarca non só a investigación básica relacionada coa creación de recursos e modelos lingüísticos, pero tamén a investigación centrada no desenvolvemento de aplicacións e tecnoloxías que cobren áreas como a extracción de información, a xeración de texto, a tradución automática, a análise de sentimentos, os axentes de diálogo, os resumos automáticos, a estimación de credibilidade e a corrección da lingua, entre outros.

A calidade das tecnoloxías lingüísticas derivadas do PLN depende tamén dos avances noutros ámbitos de investigación relacionados co acceso a grandes cantidades de datos e co aumento da potencia de cálculo. Estas sinerxías coa recuperación de información, computación de altas prestacións e o Big Data permitirán conseguir resultados significativos en dominios como a sanidade, os medios de comunicación, as redes sociais, as finanzas ou a educación, por citar só algúns dos dominios de aplicación máis determinantes para a industria e a sociedade no seu conxunto.

Canonical link