CystImagesDB
Imaxes histolóxicas de fígado e riles con quistes anotadas por especialistas
Este conxunto de datos está composto por 313 imaxes de riles e 447 imaxes de fígado, utilizadas orixinalmente no proceso de avaliación de CystAnalyser. Os ficheiros XML xeráronse con CystAnalyser e, posteriormente, foron supervisados polos expertos Adrian Cordido e Miguel A. Garcia-Gonzalez (laboratorio NefroCHUS).
Este conxunto de datos pode ser valioso para avaliar algoritmos de segmentación de imaxes mediante a análise dos datos contidos nos ficheiros XML. Tamén se pode utilizar tal cal para probar as capacidades de CystAnalyser.
Estrutura dos datos
O conxunto de datos distribúese en dous ficheiros ZIP: Kidney.zip para as imaxes de riles e Liver.zip para as imaxes de fígado.
Cada ficheiro ZIP contén dous cartafoles:
Images: As imaxes orixinais de riles/fígado.XML: Anotacións de quistes realizadas con CystAnalyser.
Os ficheiros clasifícanse en subcartafoles como Cystic, MildCystic ou SeverelyCystic, en función da gravidade dos quistes.
Os ficheiros XML seguen este XSD. O elemento raíz Poligonos contén varios elementos FreeHand, compostos á súa vez por varios elementos FreePoint, cada un dos cales describe os polígonos dos quistes.
Cita recomendada
Please, cite the paper mentioned in the CystAnalyser software website if you use this dataset in your research: https://citius.usc.es/transferencia/software/cystanalyser