OntoPedia: Extracción automática de información ontolóxica e enciclopédica sobre entidades con nome

Deseño e aplicación de técnicas de procesamento da linguaxe natural e extracción de información co obxectivo de adquirir, organizar e manter automaticamente grandes cantidades de información enciclopédica. En concreto, este proxecto aborda a creación dun sistema para clasificar e definir entidades con nomes propios, explotando un corpus con coñecemento enciclopédico en constante actualización: Wikipedia e prensa. Este traballo elabórase sobre tres linguas: galego, portugués e español.

Obxectivos

  • Desenvolvemento de ferramentas para a construción dinámica de corpus.
  • Deseño dunha gramática de dependencias e análise sintáctica dos corpus
  • Clasificación de entidades con nome.
  • Extracción de relacións semánticas de entidades con nome.
  • Elaboración dunha base de coñecemento enciclopédico e dun sistema de procura de información.
Ligazón á páxina web do proxecto