XOGAMOS: Interaccións intelixentes en robots sociais para actividades de estimulación cognitiva

O proxecto XOGAMOS aborda a mellora e sustentabilidade das terapias de estimulación cognitiva nas persoas maiores mediante técnicas e modelos de intelixencia artificial que se integrarán nun robot social. Dende un enfoque centrado no usuario, o proxecto afronta o reto de garantir a fiabilidade na integración de modelos de aprendizaxe automática que adoitan sufrir as coñecidas alucinacións e que, en xeral, os fan inadecuados en contextos de uso real.

A través dun enfoque baseado en pipelines que permiten razoar e verificar a coherencia e adecuación do contido xerado pola intelixencia artificial para actividades cognitivas, preténdese avaliar a capacidade e o valor de incorporar os modelos desenvolvidos con base en IA para apoiar as actividades de estimulación cognitiva.

Obxectivos

Así, esta acción ten como obxectivo investigar teorías, conceptos, técnicas e métodos para incorporar de forma segura modelos que permitan ofrecer unha terapia máis eficiente en contextos dialóxicos e multimodais de estimulación cognitiva cun robot social.

Puntos clave do proxecto:

  • Preguntas e respostas multimodais (QAs): Modelos multimodais para tarefas (visuais) de pregunta-resposta e diálogos.
  • Robot social para estimulación cognitiva: Actividades dialóxicas deseñadas para a estimulación cognitiva mediante un robot social.
  • Intelixencia artificial responsable: Deseño baseado en principios de IA centrados no usuario e no uso responsable da tecnoloxía.


Ligazón á páxina web do proxecto