NANOVAR: Red Temática en Variabilidade en Nanoelectrónica

A variabilidade extrema exhibida polas características eléctricas dos dispositivos manufacturados en escala nanométrica converteuse nun dos maiores retos para a evolución da nanoelectrónica. A fonte desta variabilidade débese á discretización da materia e a carga, que afecta dramaticamente ao rendemento e a fiabilidade dos sistemas electrónicos. Deste xeito, a variabilidade pasou de ser un problema que afecta basicamente ao proceso de manufactura a converterse nun problema global que demanda un novo paradigma, un proceso de deseño diferente que teña en conta a variabilidade en todos os niveis de abstracción tanto do deseño como da implementación.
Neste contexto proponse a creación dunha rede de investigación, NANOVAR, agrupando a oito grupos nacionais cuxas actividades están fortemente asociadas á variabilidade en nanotelectrónica. As experiencias complementarias proporcionadas por estes grupos, que cobren todos os niveis de abstracción do proceso de deseño e manufactura, permitirán que a actividade colaborativa da rede teña un gran impacto.
O obxectivo da rede é fortalecer as relacións xa existentes entre os grupos que a compoñen, promovendo a investigación colaborativa e o establecemento dunha plataforma de investigación que permita afrontar os retos do ámbito.