Tomás Fernández Pena

Licencieime en Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1989 e nela obtiven o título de doutor en Física no ano 1994. Desde 1990 ata 1994 fun profesor na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Desde 1994 fun primeiro profesor titular de universidade e desde 2022 catedrático de universidade no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela. Son membro do CiTIUS desde 2010.

As miñas principais liñas de interese inclúen a computación de altas prestacións, a arquitectura de sistemas paralelos, o desenvolvemento de algoritmos paralelos para clusters e supercomputadores, a optimización do rendemento en problemas irregulares e con matrices dispersas, a predición e mellora do rendemento de aplicacións paralelas en xeral, o desenvolvemento de aplicacións e middleware para sistemas grid e cloud e as tecnoloxías Big Data aplicadas ao procesamento da linguaxe natural, a bioinformática, a chemioinformática e aplicacións científicas en xeral. Actualmente son Senior Member do IEEE e editor asociado das revistas IEEE Transactions on Computers e IEEE Access, ambas no primeiro cuartil por factor de impacto no JCR.