REDPLIR: Rede Galega de Procesamento da Linguaxe Natural e Recuperación de Información
A Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información [RedPLIR], financiada pola Xunta de Galicia e oficialmente constituída o 13/12/2006, está formada por sete grupos de investigación relacionados co Procesamento da Linguaxe Natural e a Recuperación de información, pertencentes ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia. O obxectivo principal é integrar a todos os grupos de investigación da nosa comunidade cuxo ámbito de traballo sexa o descrito, en exclusividade ou como actividade fundamental. Ao tempo, é a nosa intención atraer a outros equipos cuxas achegas sexan de interese para calquera dos membros, e favorecer o establecemento de vínculos estables de colaboración tanto internos como de cara á empresa privada.
Obxectivos
Os obxectivos fixados para os grupos da rede temática inclúen:
- Unha planificación conxunta de metas, tanto de formación permanente coma de traballo
- A definición dun protocolo de intercambio de resultados científicos
- O mantemento dun banco de recursos lingüísticos e informáticos
- A creación dunha plataforma estábel de proxección do noso traballo
- O establecemento dun punto común de referencia no campo, tanto dende a nosa comunidade como dende fóra dela
- Tomar conciencia de que os elementos que nos permitirán avanzar en cada un deses obxectivos xa están dispoñibles
Proxecto
/research/projects/rede-galega-de-procesamento-da-linguaxe-natural-e-recuperacion-de-informacion

A Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información [RedPLIR], financiada pola Xunta de Galicia e oficialmente constituída o 13/12/2006, está formada por sete grupos de investigación relacionados co Procesamento da Linguaxe Natural e a Recuperación de información, pertencentes ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia. O obxectivo principal é integrar a todos os grupos de investigación da nosa comunidade cuxo ámbito de traballo sexa o descrito, en exclusividade ou como actividade fundamental. Ao tempo, é a nosa intención atraer a outros equipos cuxas achegas sexan de interese para calquera dos membros, e favorecer o establecemento de vínculos estables de colaboración tanto internos como de cara á empresa privada.

Os obxectivos fixados para os grupos da rede temática inclúen:

Unha planificación conxunta de metas, tanto de formación permanente coma de traballo

A definición dun protocolo de intercambio de resultados científicos

O mantemento dun banco de recursos lingüísticos e informáticos

A creación dunha plataforma estábel de proxección do noso traballo

O establecemento dun punto común de referencia no campo, tanto dende a nosa comunidade como dende fóra dela

Tomar conciencia de que os elementos que nos permitirán avanzar en cada un deses obxectivos xa están dispoñibles

- David Enrique Losada Carril, Pablo Gamallo Otero
projects_gl