DenTiUS Plaque: Unha ferramenta web de análise de imaxe para o diagnóstico e a cuantificación dos niveis de placa bacteriana
O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento dun sistema accesible vía web para a análise da evolución da placa bacteriana en imaxes frontais e laterais da dentadura dun individuo. O software a desenvolver dará resposta ao problema da cuantificación da placa bacteriana dental e a súa posterior análise estatística e temporal, para determinar a súa evolución de forma obxectiva nun paciente ao longo do tempo.
Obxectivos
Os obxectivos concretos do proxecto son:
- A utilización dun dispositivo dispoñible no Oral Science Research Group que permita obter en momentos clínicos diferentes imaxes que terán as mesmas características de resolución, calidade e gama de cor (baixo luz ultravioleta e con tinguido de fluoresceína) co fin último de realizar unha posterior análise comparativo entre as distintas imaxes frontais e laterais obtidas.
- O desenvolvemento dun software específico vía web para a visualización/cuantificación dos niveis de placa bacteriana de forma obxectiva, sinxela e rápida en base a técnicas de análises de imaxe sobre imaxes fotográficas obtidas baixo as condicións previamente descritas.
- A validación do software específico mediante un estudo observacional da evolución da placa bacteriana durante un período de 5 días nun grupo de suxeitos sans.
Proxecto
/research/projects/unha-ferramenta-web-de-analise-de-imaxe-para-o-diagnostico-e-a-cuantificacion-dos-niveis-de-placa-bacteriana

O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento dun sistema accesible vía web para a análise da evolución da placa bacteriana en imaxes frontais e laterais da dentadura dun individuo. O software a desenvolver dará resposta ao problema da cuantificación da placa bacteriana dental e a súa posterior análise estatística e temporal, para determinar a súa evolución de forma obxectiva nun paciente ao longo do tempo.

Os obxectivos concretos do proxecto son:

A utilización dun dispositivo dispoñible no Oral Science Research Group que permita obter en momentos clínicos diferentes imaxes que terán as mesmas características de resolución, calidade e gama de cor (baixo luz ultravioleta e con tinguido de fluoresceína) co fin último de realizar unha posterior análise comparativo entre as distintas imaxes frontais e laterais obtidas.

O desenvolvemento dun software específico vía web para a visualización/cuantificación dos niveis de placa bacteriana de forma obxectiva, sinxela e rápida en base a técnicas de análises de imaxe sobre imaxes fotográficas obtidas baixo as condicións previamente descritas.

A validación do software específico mediante un estudo observacional da evolución da placa bacteriana durante un período de 5 días nun grupo de suxeitos sans.

- María José Carreira Nouche - Nicolás Vila Blanco
projects_gl