Se estás a realizar os derradeiros cursos de Grao ou Máster e queres ter unha primeira experiencia no mundo da investigación, ofrecémosche a oportunidade de participar nun proxecto baixo a supervisión dun dos nosos investigadores ou investigadoras. Por mor disto ofrecemosche as seguintes opcións remuneradas, con posibilidades de continuación na etapa predoutoral:
- Bolsas de verán CiTIUS: convocatoria propia anual para o estudantes a partir do terceiro curso de grao. Incorporarasche ao equipo dun proxecto de investigación e participarás en todas as actividades que organizamos no mes de xullo. Publicamos a convocatoria na primaveira.
- Bolsas de colaboración: bolsas convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes de último curso de Grao ou de primeiro curso de Máster interesados en compaxinar os seus estudos coa colaboración nun proxecto de investigación. A convocatoria publícase no verán.
- Contratos CiTIUS de inicio á investigación: contratos a tempo parcial para estudantes de Máster interesados en compaxinar os seus estudos cun proxecto de investigación, cunha dedicación do 50%. Publicamos a convocatoria no verán.
- Prácticas: ofertamos ao alumnado de Grao e Máster a posibilidade de realizar prácticas no noso centro. Se é do teu interese, podes poñerte en contacto directamente co noso equipo investigador ou coa Unidade KMT.
- Traballos fin de grao e fin de máster: todos os anos ofertamos proxectos relacionados coas nosas liñas de investigación. Para coñecer a oferta podes contactar directamente co noso equipo investigador ou coa Unidade KMT.