Etapa predoutoral (R1)

Impulsamos o talento científico mediante unha formación e capacitación sólidas

Oportunidades

Somos un equipo multidisciplinar e internacional, traballamos xuntos para facer avanzar a ciencia e conseguir que mellore a calidade de vida das persoas. Se, do mesmo xeito que a nós, gústache o traballo en equipo, apaixónanche as tecnoloxías intelixentes e entusiásmache aprender a diario, contacta connosco. Na actualidade existen varias vías para financiar a etapa predoutoral.

  • Axudas Predoutorais da Xunta de Galicia: contratos para a formación de doutores mediante o financiamento dun contrato de 3 anos que inclúen unha estancia de 3 meses no estranxeiro.
  • Formación de Profesorado Universitario – FPU: axudas estatais para a formación de doutores mediante o financiamento dun contrato de 4 anos, coa posibilidade de participar en tarefas docentes.
  • Formación de Persoal Investigador - FPI:axudas estatais para a formación de doutores mediante o financiamento dun contrato de 4 anos, coa posibilidade de participar en tarefas docentes.
  • Contratos predoutorales da USC e Santander:contratos para financiar os dous primeiros anos da etapa predoutoral, con posibilidade de prórroga ata un máximo de 3 anos e cunha axuda para a realización dunha estadía de ata 3 meses .
  • Boldsd INPhINIT ds Fundación a Caixa:axudas de 3 anos de duración para realizar o doutoramento en España, que inclúen un programa de formación específico .
  • Doutorados industriais: axudas estatais para o desenvolvemento dunha tese doutoral en colaboración cun socio industrial.
  • Proxectos de investigación e transferencia: desenvolvemento dunha tese doutoral asociada a un dos nosos proxectos de I+D.
Vivir o CiTIUS
Ofertas de emprego

Contacta con nós

Asesorarémosche na elaboración dunha solicitude