Human Resources for Researchers

Únete

Estamos continuamente na procura de talento científico interesado en desenvolver a súa carreira profesional connosco. As persoas son o maior valor do noso centro.

Un grande lugar para investigar

  • Unha contorna de traballo estimulante e multidisciplinar, con proxectos de alto impacto científico.
  • Ampla rede internacional de colaboradores científicos e tecnolóxicos. Na actualidade, dous terzos dos nosos proxectos de I+D son en colaboración coa industria.
  • Plan de desenvolvemento profesional e formación continua orientado á mellora das capacidades científicas e transversais co obxectivo de habilitar aos nosos investigadores para unha carreira científica competitiva.
  • Instalacións científicas de vangarda con laboratorios equipados e un centro de procesado de datos propio.