Etapa posdoutoral (R2-R4)

Estamos na procura de investigadores con interese en impulsar a súa carreira investigadora no noso centro

Oportunidades

O CiTIUS é unha oportunidade única para ampliar as perspectivas profesionais, consolidar a capacidade de liderado e desenvolver unha carreira científica independente. Somos un equipo multidisciplinar e internacional, traballamos xuntos para facer avanzar a ciencia e conseguir que mellore a calidade de vida das persoas. O noso centro conta con persoal de apoio con ampla experiencia na procura de oportunidades e na preparación de solicitudes competitivas.

  • Axuda Posdoutoral da Xunta de Galicia: contratos autonómicos de 3 anos de duración que consisten na realización dunha estadía no estranxeiro de 2 anos e un contrato de retorno dun ano en Galicia.
  • Contratos Juan da Cierva Formación: contratos estatais de 2 anos de duración destinada a persoas recentemente doutoradas que complementarán a súa formación nun centro diferente ao que realizaron a súa formación predoutoral.
  • Contratos Ramón y Cajal, categoría novas: contratos estatais de 5 anos de duración destinados a persoal investigador posdoutoral con polo menos 2 anos de experiencia posdoutoral, cunha axuda adicional para contratación de persoal e adquisición de equipamento. Estes contratos facilitan o acceso a outros recursos de investigación, como os Proxectos de Excelencia da Xunta de Galicia.
  • Contratos Beatriz Galindo, modalidade junior: axudas para a contratación durante 4 anos de persoal investigador posdoutoral cun máximo de 7 anos de experiencia investigadora posdoutoral no estranxeiro.
  • Bolsas Junior Leader da Fundación A Caixa: bolsas de 3 anos de duración para desenvolver un proxecto de investigación posdoutoral en España, que inclúen un programa de formación específico.
  • Axudas Marie Sklodowska- Curie Postdoutoral Fellowships (MSCA-PF): axudas europeas de 2 anos de duración destinadas a novos doutores que desexen continuar a súa carreira investigadora nun país europeo diferente á súa residencia habitual.
  • Axudas Marie Sklodowska- Curie Global Fellowships ( MSCA- GF): contratos europeos destinados a novos doutores de ata 3 anos de duración incluíndo dous anos nun centro de investigación fóra de Europa e unha fase de retorno a Europa dun ano.
  • ERC Starting Grant: proxectos europeos de alto nivel científico para persoal investigador novo cunha experiencia posdoutoral entre 2 e 7 anos. Os proxectos teñen unha duración de 5 anos e un orzamento máximo de 1,5 M€ e pódense combinar coas axudas do Programa Oportunius.
  • Programa Oportunius: axuda autonómica destinada a persoal investigador que obtivese un proxecto ERC e que desexen establecer o seu grupo de investigación en Galicia. Inclúe un contrato laboral estable e financiamento complementario durante e trala finalización do proxecto ERC.
  • Axudas Marie Sklodowska-Curie Postdoutoral Fellowships (MSCA-PF): contratos europeos de 2 anos de duración destinadas a novos doutores con ata 8 anos de experiencia posdoutoral que desexen continuar a súa carreira investigadora nun país europeo diferente á súa residencia habitual.
  • Axudas Marie Sklodowska-Curie Global Fellowships (MSCA-GF): contratos europeos destinados a novos doutores con ata 8 anos de experiencia posdoutoral. As axudas teñen ata 3 anos de duración, incluíndo dous anos nun centro de investigación fóra de Europa e unha fase de retorno a Europa dun ano.
  • Contratos Ramón y Cajal: contratos estatais de 5 anos de duración para investigadores posdoutorais con máis de 4 anos de experiencia posdoutoral, cunha axuda adicional para contratación de persoal e adquisición de equipamento. Estes contratos facilitan o acceso a outros recursos de investigación, como os Proxectos de Excelencia da Xunta de Galicia.
  • Contratos Beatriz Galindo, modalidade senior: axudas para a contratación durante 4 anos de investigadores posdoutorais con máis de 7 anos de experiencia investigadora no estranxeiro.
  • ERC Consolidator Grants:proxectos europeos de alto nivel científico para persoal investigador novo cunha experiencia posdoutoral de entre 7 e 12 anos. Os proxectos teñen unha duración de 5 anos e un orzamento máximo de 2 M€ e pódense combinar coas axudas do Programa Oportunius .
  • Programa Oportunius:axuda autonómica destinada a persoal investigador que obtivese un proxecto ERC e que desexe establecer o seu grupo de investigación en Galicia. Inclúe un contrato laboral estable e financiamento complementario durante e trala finalización do proxecto ERC .
  • ERC Advanced Grants:proxectos europeos de alto nivel científico para investigadores con máis de 12 anos de experiencia posdoutoral. Os proxectos teñen unha duración de 5 anos e un orzamento máximo de 2,5 M€ e pódense combinar coas axudas do Programa Oportunius .
  • Programa Oportunius:axuda autonómica destinada a investigadores que obtivesen un proxecto ERC e que desexen establecer o seu grupo de investigación en Galicia que inclúe un contrato laboral estable e financiamento complementario durante e trala finalización do proxecto ERC.
  • Programa ATRAE: axudas estatais para a incorporación de talento investigador consolidado con polo menos 5 anos de experiencia profesional no estranxeiro, que inclúen a creación dun posto de traballo permanente. Os proxectos teñen unha duración de 3 ou 4 anos e un orzamento máximo de 1M€, incluíndo a contratación do IP.
Vivir o CiTIUS
Ofertas de emprego

Contacta con nós

Asesorarémosche na elaboración dunha solicitude