Etapa predoutoral (R1)

Impulsamos o talento científico mediante unha formación e capacitación sólidas

Oportunidades

Somos un equipo multidisciplinar e internacional, traballamos xuntos para facer avanzar a ciencia e conseguir que mellore a calidade de vida das persoas. Se, do mesmo xeito que a nós, gústache o traballo en equipo, apaixónanche as tecnoloxías intelixentes e entusiásmache aprender a diario, contacta connosco. Na actualidade existen varias vías para financiar a etapa predoutoral.

Se estás a realizar os derradeiros cursos de Grao ou Máster e queres ter unha primeira experiencia no mundo da investigación, ofrecémosche a oportunidade de participar nun proxecto baixo a supervisión dun dos nosos investigadores ou investigadoras. Por mor disto ofrecemosche as seguintes opcións remuneradas, con posibilidades de continuación na etapa predoutoral:

  • Bolsas de verán CiTIUS: convocatoria propia anual para o estudantes a partir do terceiro curso de grao. Incorporarasche ao equipo dun proxecto de investigación e participarás en todas as actividades que organizamos no mes de xullo. Publicamos a convocatoria na primaveira.
  • Bolsas de colaboración: bolsas convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes de último curso de Grao ou de primeiro curso de Máster interesados en compaxinar os seus estudos coa colaboración nun proxecto de investigación. A convocatoria publícase no verán.
  • Contratos CiTIUS de inicio á investigación: contratos a tempo parcial para estudantes de Máster interesados en compaxinar os seus estudos cun proxecto de investigación, cunha dedicación do 50%. Publicamos a convocatoria no verán.
  • Bolsas de iniciación á investigación para o alumnado de máster: bolsas de 7 meses de duración destinadas ao alumnado matriculado nun Máster oficial da USC para estudantes interesados en compaxinar os estudos con tarefas de investigación.
  • Prácticas: ofertamos ao alumnado de Grao e Máster a posibilidade de realizar prácticas no noso centro. Se estás interesado ou interesada, podes poñerte en contacto directamente co noso equipo investigador ou coa Unidade KMT.
  • Traballos fin de grao e fin de máster: todos os anos ofertamos proxectos relacionados coas nosas liñas de investigación. Para coñecer a oferta podes contactar directamente co noso equipo investigador ou coa Unidade KMT.
Vivir o CiTIUS
Ofertas de emprego

Contacta con nós

Asesorarémosche na elaboración dunha solicitude