Juan Carlos Pichel Campos

Obtiven a licenciatura e o máster en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), e o doutoramento na mesma universidade en 2006. Fun investigador visitante posdoutoral na Universidade Carlos III de Madrid e a University of Illinois at Urbana-Champaign (USA). Tamén traballei como investigador e coordinador de proxectos no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)

Actualmente son catedrático na USC. Os meus intereses de investigación inclúen a computación paralela e distribuída, computación Big Data, modelos de programación e optimización de software en arquitecturas emerxentes.