Juan Carlos Vidal Aguiar

Recibín o título de enxeñeiro en informática pola Universidade da Coruña no ano 2000. Traballei varios anos como consultor senior na empresa privada e obtiven o título de Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2010. Actualmente son profesor interino de substitución no Departamento de Electrónica e Computación.

 

Os meus intereses de investigación inclúen o descubrimento de coñecemento, a anotación semántica, o modelado semántico de fluxos de traballo e de servizos, así como o uso de técnicas da intelixencia artificial para a intelixencia de negocio.