María José Carreira Nouche
Son Catedrática de Universidade na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial (CCIA) na Universidade de Santiago de Compostela (USC), coordinadora da área de CCIA, vogal da <a href="http://https://www.aerfai.org/" rel="noopener noreferrer" target="_blank">Xunta Directiva da Asociación Española de Recoñecemento de Formas e Análise de Imaxes (AERFAI)</a> e secretaria académica da <a href="http://camelia.usc.gal" rel="noopener noreferrer" target="_blank">Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA)</a>. Anteriormente fun subdirectora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE, 2008-2012), adxunta ao Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa (2015-2017) e Comisionada para Gobernanza TIC e Estratexia de Titulacións (2017-2018).
A miña investigación sempre estivo centrada no eido do procesado intelixente de imaxe médica en distintos ámbitos como radioloxía, oftalmoloxía, oncoloxía, neuroloxía, odontoloxía e pediatría. Nestas liñas de investigación participei en máis de 30 proxectos e contratos de I+D+i sendo IP en máis de 15 e publicando máis de 90 traballos científicos. Froito destes traballos desenvolvimos software como ZFTool (oncoloxía), ICBrain (neuroloxía), Dentius_Plaque, Dentius_Biofilm e Dentius_Age (odontoloxía). Nos últimos anos estou traballando tanto na análise de imaxe ecográfica como no estudo do microbioma oral. Neste último temos desenvolvido PrimerEvalPy, un paquete para a avaliación de primers para análise do microbioma oral, e EpheClass, un paquete para a avaliación de targets xenómicos en comunidades microbianas para o avance na metaxenómica clínica utilizando técnicas de aprendizaxe automática.
Persoal investigador vinculado
/team/maria-jose-carreira-nouche
team_gl