Senén Barro Ameneiro
Ligazón para descargar CV estendido
Senén Barro (As Pontes, 1962), doutor en Física (premio extraordinario), catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela - USC).
Foi reitor da USC (2002-2010), época na que impulsou o perfil investigador, innovador e emprendedor da universidade e tivo lugar o desenvolvemento de ‘Campus Vida’, recoñecido como Campus de Excelencia Internacional en 2009. Vicepresidente da “Conferencia de Reitores de Universidades Españolas” (2008-2010). Foi presidente de RedEmprendia de 2010 a 2017 (rede de 28 das mellores universidades de 6 países de América Latina, España e Portugal, orientada á transferencia de I+D e emprendemento universitario).
Editor ou autor de sete libros e autor de máis de 300 artigos científicos. Socio fundador das spin- off SITUM Technologies e InVerbis. Membro da Real Academia Galega de Ciencias. Premio Nacional de Informática José García Santesmases 2020.
Persoal investigador vinculado
/team/senen-barro-ameneiro
team_gl