Víctor Manuel Brea Sánchez

Son doutor en Física desde o ano 2003. Na actualidade son profesor titular no CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Fun Programme Chair da 11th International Workshop on Cellular Neural Networks and Their Applications (CNNA), celebrado en Santiago de Compostela en 2008. Recibín o galardón ao mellor artigo (Best Paper Award) no congreso internacional European Conference on Circuit Theory and Design no ano 2003.

 

As miñas principais liñas de investigación encádranse no deseño de implementacións hardware eficientes para aplicacións de visión por computador. A investigación máis recente que dirixín céntrase en métodos de procesado de imaxe baseados na detección de características e a súa traslación a tecnoloxías CMOS-3D.