Defensa de Tese: 'Detección de cambios en minería de procesos baseada na comprobación da conformidade'
Diariamente empregamos procesos, moitas veces sen sequera decatarnos. Campos tan variados como os sistemas de xestión da información, o seguimento do rendemento de atletas de alto nivel, a saúde ou as metodoloxías de enxeñaría usan procesos para estruturar as súas actividades. Nun mundo cada vez máis globalizado e competitivo, tomar decisións nos momentos precisos é crucial, polo que resulta fundamental ser consciente de que a natureza destes procesos é dinámica e, por tanto, deben evolucionar para adaptarse ao seu entorno e alcanzar os seus obxectivos satisfactoriamente. A ampla variedade de aplicacións e a gran cantidade de datos xerados pola execución dos procesos fai esencial que tal adaptación se faga de forma automática, para así poder dispor de información precisa, fiable e veraz en todo momento. Nesta tese doutoral estudamos o problema da detección de cambios en procesos e propoñemos solucións para a detección robusta de cambios instantáneos e graduais. Para isto, faremos uso das métricas de conformidade dos procesos, avaliando a súa evolución ao longo do tempo, de forma que poidamos detectar modificacións no fluxo de control dos procesos de forma fiable e precisa.
Directores: Manuel Lama Penín & Juan Carlos Vidal Aguiar
On-site event
/events/phd-defense-conformance-checking-based-concept-drift-detection-in-process-mining
events_en