Oferta de emprego: investigadores posdoutorais en tecnoloxías intelixentes

O CiTIUS, o Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela, busca un investigador posdoutoral para un contrato de tres anos.

Descrición e obxectivos de investigación

Buscamos candidatas e candidatos con doutoramento en Informática, Enxeñaría Informática, Matemáticas, Física ou áreas afíns, con experiencia internacional en investigación e un bo historial de publicacións científicas en congresos e revistas de alto nivel, dentro das liñas de interese indicadas a continuación. Tamén agardamos persoas altamente motivadas, capaces de traballar de maneira autónoma e en equipo. É imprescindible un nivel fluído de inglés.

Estamos dispostos a apoiar candidaturas relacionadas cun dos nosos Programas Científicos:

  1. Aprendizaxe automática (Machine Learning)
  2. Computación avanzada
  3. Procesamento aproximado
  4. e-Saúde (e-Health)
  5. Robots persoais
  6. Sensores autónomos
  7. Tecnoloxías da linguaxe natural
  8. Visión artificial

Detalles do posto

  • O posto inclúe docencia ata un máximo de 60 horas ao ano.
  • Contrato a tempo completo cun salario bruto duns 2.360 €/mes (14 pagas ao ano, é dicir, 33.000 € de salario bruto anual).
  • Inclúe cobertura sanitaria e seguro de accidentes laborais a través do Sistema Nacional de Saúde español, así como prestacións de pensión e desemprego.
  • Duración: contrato temporal por un período de 3 anos.

Data estimada de inicio: xaneiro de 2022.

Competencias desexables

  • Liderado científico.
  • Candidaturas altamente motivadas cun excelente historial científico.
  • É imprescindible un nivel fluído de inglés.
  • A persoa ideal será organizada, traballadora e terá capacidade para traballar en equipo e nun contorno interdisciplinar.
  • Boas habilidades de comunicación.

Sobre o CiTIUS

O CiTIUS é un centro de investigación especializado en Tecnoloxías Intelixentes, situado en Santiago de Compostela, España. O centro conta con máis de 120 investigadores, incluídos 29 investigadores senior seleccionados por un Comité Asesor Científico. Nos últimos 3 anos (2018–2020), o CiTIUS captou financiamento por valor de 9,8 millóns de euros, incluíndo arredor de 2 millóns de euros procedentes de proxectos en colaboración co sector industrial. No mesmo período, o CiTIUS publicou máis de 130 artigos en revistas indexadas (SCI-Scopus) e defendéronse 27 teses de doutoramento. O centro transferiu 15 licenzas de software e creou 3 spin-offs (Situm Technologies, Imagames e InVerbis).

Actualmente, o CiTIUS participa en 9 proxectos financiados pola UE e é coordinador científico de dúas redes innovadoras de formación Marie Skłodowska-Curie (ITN), participante nun proxecto FET-PROACT (MISEL), nun proxecto de Enerxía (MINISTOR) e en 5 accións COST. O centro é tamén membro de CLAIRE, a confederación de laboratorios de investigación en IA de Europa. Esta rede europea inclúe 375 grupos e institucións de investigación e máis de 21.000 persoas de 35 países.

O CiTIUS desenvolve proxectos de transferencia tecnolóxica con empresas relevantes como Indra, Repsol, Babcock, FINSA, Johnson & Johnson, Plexus ou Mestrelab Research, entre outras, e con entidades públicas como o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Traballar no CiTIUS

O CiTIUS ofrece un contorno científico estimulante, interdisciplinar e de vangarda, onde o seu persoal investigador pode impulsar e desenvolver a súa carreira científica nun equipo internacional. Entre outras, ofrecemos:

  • Instalacións de investigación de última xeración e oportunidades de desenvolvemento profesional.
  • Oportunidades para estar en contacto e traballar en proxectos internacionais de investigación.
  • Horario de traballo flexible. O CiTIUS está comprometido coa conciliación da vida laboral e familiar do seu persoal.
  • Programa de formación en competencias transversais que ten como obxectivo mellorar a futura empregabilidade e o éxito profesional do persoal investigador, incluíndo, entre outros, dereitos de propiedade intelectual, transferencia de tecnoloxía, emprendemento, divulgación e comunicación.
  • Posibilidade de participar en eventos de difusión coa industria e en actividades de divulgación con escolares, organizados ao longo do ano.
  • Acceso ás instalacións da universidade: ximnasio, actividades deportivas, cursos de español, etc.

Solicitude

Prazo para a presentación de solicitudes: 31 de xullo de 2021 | 23:59 CEST (UTC +02:00)

Envía a túa solicitude á Unidade de Xestión do Coñecemento e Transferencia do CiTIUS (citius.kmt@usc.es) indicando a referencia do posto no asunto (International Postdoc EoI) e incluíndo:

  • Un breve Curriculum Vitae (máx. 3 páxinas), incluíndo ORCID, Scopus ID ou Researcher ID.
  • Unha carta de motivación na que se describan a traxectoria e experiencia, os 5 resultados de investigación máis relevantes e unha breve proposta de investigación aliñada cos Programas Científicos do CiTIUS (máx. 2 páxinas).

As solicitudes serán avaliadas internamente e animarase ás persoas seleccionadas a presentarse á convocatoria María Zambrano da USC.