Noticias

Etiqueta: Premios e Recoñecementos

Ramón López de Mántaras, presidente da Comisión Científica Externa do CiTIUS, recibe o Premio Colexiado de Honra CPEIG
Noticia16 de xuño de 2026

Ramón López de Mántaras, presidente da Comisión Científica Externa do CiTIUS, recibe o Premio Colexiado de Honra CPEIG

A entrega tivo lugar na gala da 'XVIII Noite da Enxeñaría Informática Galega', celebrada o venres 12 de xuño en Santiago.

Daniel Fuentes, premio ao mellor TFM do Máster en Computación de Altas Prestacións
Noticia21 de outubro de 2025

Daniel Fuentes, premio ao mellor TFM do Máster en Computación de Altas Prestacións

O investigador do CiTIUS recibe este galardón polo deseño dun novo método que permite comparar imaxes multiespectrais tomadas con drons en diferentes momentos, un avance clave para estudar cambios na paisaxe e acelerar drasticamente a velocidade de procesamento dos datos.

Ludovica Aisa, Premio ao Mellor Póster na Conferencia IBER25
Noticia13 de outubro de 2025

Ludovica Aisa, Premio ao Mellor Póster na Conferencia IBER25

A investigadora predoutoral do centro recibe un dos 'Best PhD Poster Awards' durante a conferencia IBER25, concedidos pola Real Sociedade Española de Física (RSEF).

Eva Cernadas, recoñecida pola USC nos Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación
Noticia8 de outubro de 2025

Eva Cernadas, recoñecida pola USC nos Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación

O traballo «Perspectiva de xénero en materias de programación básica», desenvolvido pola investigadora vinculada do centro, vén de ser distinguido co 3º premio na modalidade de docencia na XVI edición dos galardóns da USC, que recoñecen boas prácticas na promoción da igualdade no ámbito universitario.

Ilia Stepin gaña o premio EUSFLAT á mellor tese europea, que recoñece por terceira vez un traballo do CiTIUS
Noticia28 de xullo de 2025

Ilia Stepin gaña o premio EUSFLAT á mellor tese europea, que recoñece por terceira vez un traballo do CiTIUS

A Sociedade Europea de Lóxica e Tecnoloxía Difusa (EUSFLAT) concede ao investigador egresado do centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o 'Best PhD Thesis Award 2023', por unha investigación que mellora a explicabilidade e confianza nos sistemas de intelixencia artificial.

Os Premios Ícarus 2025 recoñecen dous TFMs do CiTIUS
Noticia1 de xullo de 2025

Os Premios Ícarus 2025 recoñecen dous TFMs do CiTIUS

Os investigadores do CiTIUS Gabriel Otero Moreira e Martín Romero Romero foron recoñecidos na terceira edición dos Premios Ícarus 2025 pola calidade e o potencial de transferencia dos seus traballos de fin de máster.

Lorenzo Vaquero, Premio Extraordinario de Doutoramento
Noticia8 de abril de 2025

Lorenzo Vaquero, Premio Extraordinario de Doutoramento

O investigador egresado do CiTIUS amplía o palmarés do centro na categoría de Ciencias e Enxeñerías 2022-2023.

David Robredo recibe o premio ao mellor expediente da súa promoción en Enxeñaría Informática.
Noticia3 de abril de 2025

David Robredo recibe o premio ao mellor expediente da súa promoción en Enxeñaría Informática.

A Universidade Europea Miguel de Cervantes recoñece ao investigador do CiTIUS co 'Premio Extraordinario ao Rendemento Académico', que distingue ao estudante coa mellor nota media do grao en Enxeñaría Informática durante o curso 2023-2024.

Podio internacional para a Intelixencia Artificial explicable do CiTIUS
Noticia13 de xaneiro de 2025

Podio internacional para a Intelixencia Artificial explicable do CiTIUS

Un equipo do centro acada o terceiro posto no ‘IEEE FLAME Technical Challenge 2024’, un certame global organizado pola Sociedade de Intelixencia Computacional do IEEE, que premia traballos innovadores destinados a combinar modelos de lingua con técnicas de intelixencia computacional, co propósito de alumear sistemas de IA capaces de xerar explicacións fiables.

Alberto Bugarín, Medalla de Investigación en Matemáticas, Física e Ciencias da Computación
Noticia2 de outubro de 2024

Alberto Bugarín, Medalla de Investigación en Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) anuncia a concesión da súa prestixiosa Medalla ‘Enrique Vidal Abascal’ ao investigador do CiTIUS, en recoñecemento á súa destacada traxectoria no ámbito da intelixencia artificial e as súas múltiples aplicacións.