Multi3Generation: Xeración de Linguaxe Natural multitarefa, multilinguaxe e multimodal

A xeración de linguaxe (LG) é unha tecnoloxía crucial para que as máquinas poidan chegar a comunicarse cos humanos de forma continua e coherente por medio da linguaxe. Un gran número das tarefas relacionadas co Procesado de Linguaxe Natural ( NLP) están relacionadas coa súa xeración e co desenvolvemento efectivo de tarefas que implican que (1) as máquinas estean equipadas con coñecemento do mundo que pode requirir procesado e razoamento multimodal (e. g. textual, entradas visuais e auditivas, ou fluxos de datos sensoriais), e (2) o estudo de métodos fortes e novos de Machine Learning (e. g., predicións estruturadas, modelos xenerativos), xa que practicamente o 100% dos modelos estado da arte de NLP apréndense dos datos. Ademais, as linguaxes humanas difiren tremendamente na súa “realización superficial” (i.e., scripts) así como na súa estrutura interna (i.e. gramática), o cal suxire que a multilingualidade é un obxectivo central para que as máquinas realicen xeración de linguaxe segundo as expectativas humanas. As tecnoloxías de xeración de linguaxe beneficiarán amplamente tanto os servizos públicos como os privados que se ofrecen aos cidadáns europeos nunha Europa multilingüe, e teñen un forte impacto económico e social.

Ligazón á páxina web do proxecto