Diego Cabello Ferrer

Son licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Granada (1978) e doutor en Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1984), obtendo o premio extraordinario de doutoramento. Actualmente son catedrático de universidade da área de Electrónica, pertencente ao Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Anteriormente, entre outubro de 1979 e setembro de 1983, fun profesor axudante de clases prácticas na Universidade de Granada. En outubro de 1983 incorporeime á USC como profesor colaborador; en xaneiro de 1987 pasei a ser profesor titular de universidade; e son catedrático desde xullo de 1997. Fun decano da Facultade de Física da USC entre 1977 e 2002 e director do Departamento de Electrónica e Computación entre 2002 e 2006.

 

A miña liña de investigación actual céntrase no deseño de arquitecturas eficientes e solucións CMOS para a visión por computador, especialmente na visión temperá. Son autor/coautor de aproximadamente 170 publicacións en revistas e proceedings de congresos. Fun membro do comité organizador, ou de comités de programas, de varios congresos, así como “general co-chair” do “11th IEEE International Workshop on Cellular Neural Networks and Their Applications (CNNA)” que tivo lugar en Santiago de Compostela en 2008. Recibín o premio ao mellor traballo (Best Paper Award) no congreso internacional European Conference on Circuit Theory and Design no ano 2003, premio outorgado pola European Circuit Society.