Eva Cernadas García
Investigo no campo da visión por computador e a aprendizaxe automática: segmentación de imaxes, análise de texturas, recoñecemento de formas, transformacións en imaxes, análise de imaxes en cor, clasificación, regresión. Aplico os deseño algorithmicos nos ámbitos da medicina, tecnoloxía dos alimentos, bionloxía ou a xestión de recursos mariños. Desenvolvín os seguintes programas informáticos: CystAnalyser cuantifica imaxes histolóxicas de riles e fígado para o estudio da enfermidade xenética poliquistosis renal, STERapp estima a fecundidade dos peixes a partir de imaxes histolóxicas das súas gónadas ou PDApp predice o potencial de erupción do terceiro molar nunha imaxe radiolóxica panorámica.
Gañadora do segundo premio á introducción da perspectiva de xénero na docencia en intelixencia artificial, concedido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2021. Participa na promoción da igualdade deseñando obradoiros para a educación primaria no programa "Unha enxeñeira ou científica en cada cole", ou promovendo o concurso “INFORMATIZATE” para estudantes non universitarios, organizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Persoal investigador vinculado
/team/eva-cernadas-garcia
team_gl