
DETEPRE: Desenvolvemento e implementación de novas tecnoloxías e protocolos no estudo de ecoloxía reproductiva pesqueira.
Moitos dos recursos pesqueiros europeos están actualmente sobreexplotados. Os recursos de interese para a flota galega non son unha excepción, e neste sentido desenvolvense algúns plans de recuperación por parte da UE. No Enfoque de Precaución á xestión pesqueira preténdese conservar o suficiente Potencial Reproductivo dun Stock (PRS) que permita a explotación sostíbel do mesmo. Por este motivo, cada vez é máis patente calcular con precisión o PRS, que require coñecer o tamaño da poboación , a súa composición por idades, a proporción de individuos maduros, a súa condición e a súa fecundidade. Nembargantes, a pesar da súa coñecida importancia para a correcta avaliación da poboación, as estimacións da proporción de individuos maduros e a fecundidade raramente se realizan, debido a complexidade da análise, que implica o uso de técnicas e protocolos cun alto custo económico e humano. O proxecto pretende utilizar as novas tecnoloxías para resolver un dos pescozos de botella que ten expostos a análise da dinámica de poboacións de peces: dispor de estimacións precisas do potencial reprodutivo das poboacións. Para este cálculo necesítanse, entre outras variables, a proporción de individuos maduros na poboación e a fecundidade a cada idade, dous parámetros que son obxecto do presente proxecto. Pretendese desenvolver métodos e ferramentas que faciliten e automaticen a evaluación de parámetros reproductivos para, en última instancia, determinar o potencial reproductivo das poboacións.
Obxectivos
- Estudo dos procesos de regresión dos folículos post-ovulatorios (FPO) e comezo da maduración.
- Desenvolvemento e aplicación de novas ferramentas histolóxicas e de microscopía que permitan o diagnóstico rápido do estado de maduración e a actividade de posta do individuo.
- Deseño dun sistema automático, baseado en visión por computador, que opere sobre imaxes dixitais de preparacións histolóxicas de ovarios.
Proxecto
/research/projects/desenvolvemento-e-implementacion-de-novas-tecnoloxias-e-protocolos-no-estudo-de-ecoloxia-reproductiva-pesqueira
<p>Moitos dos recursos pesqueiros europeos están actualmente sobreexplotados. Os recursos de interese para a flota galega non son unha excepción, e neste sentido desenvolvense algúns plans de recuperación por parte da UE. No Enfoque de Precaución á xestión pesqueira preténdese conservar o suficiente Potencial Reproductivo dun Stock (PRS) que permita a explotación sostíbel do mesmo. Por este motivo, cada vez é máis patente calcular con precisión o PRS, que require coñecer o tamaño da poboación , a súa composición por idades, a proporción de individuos maduros, a súa condición e a súa fecundidade. Nembargantes, a pesar da súa coñecida importancia para a correcta avaliación da poboación, as estimacións da proporción de individuos maduros e a fecundidade raramente se realizan, debido a complexidade da análise, que implica o uso de técnicas e protocolos cun alto custo económico e humano. O proxecto pretende utilizar as novas tecnoloxías para resolver un dos pescozos de botella que ten expostos a análise da dinámica de poboacións de peces: dispor de estimacións precisas do potencial reprodutivo das poboacións. Para este cálculo necesítanse, entre outras variables, a proporción de individuos maduros na poboación e a fecundidade a cada idade, dous parámetros que son obxecto do presente proxecto. Pretendese desenvolver métodos e ferramentas que faciliten e automaticen a evaluación de parámetros reproductivos para, en última instancia, determinar o potencial reproductivo das poboacións.</p>Este proxecto estruturouse en tres grandes obxectivos:<ol><li>Estudo dos procesos de regresión dos folículos post-ovulatorios (FPO) e comezo da maduración.</li><li> Desenvolvemento e aplicación de novas ferramentas histolóxicas e de microscopía que permitan o diagnóstico rápido do estado de maduración e a actividade de posta do individuo.</li><li>Deseño dun sistema automático, baseado en visión por computador, que opere sobre imaxes dixitais de preparacións histolóxicas de ovarios.</li></ol> - Eva Cernadas García - Manuel Fernández Delgado
projects_gl