José María Alonso Moral

Enxeñeiro Superior en Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) dende o 2003. Doutor pola mesma universidade dende 2007, coa máxima cualificación (Sobresaliente Cum Laude) e mención de Doutoramento Europeo. Investigador predoutoral cunha bolsa FPI de 4 anos da UPM. De 2003 a 2005, membro do equipo investigador do proxecto europeo ADVOCATE2 (IST-2001-34508). Posteriormente, investigador visitante en dous centros de investigación europeos: Cemagref, un centro de investigación agrícola e ambiental situado en Montpellier (Languedoc-Roussillon, Francia), e o "Centro Europeo de Soft Computing" (ECSC), situado en Mieres (Asturias, España). Despois, de novembro de 2007 a xaneiro de 2012, investigador postdoutoral na unidade "Fundamentos do Soft Computing" do ECSC. En xuño de 2010, investigador postdoutoral visitante na "Università degli Studi dei Bari (Dipartimento dei Informatica)". Despois, de febreiro a outubro de 2012, investigador postdoutoral Juan de la Cierva” (JCI-2011-09839) no departamento de Electrónica da Universidade de Alcalá (UAH). Posteriormente, de novembro de 2012 a maio de 2016, investigador asociado na unidade de investigación en "Computación con Percepcións" no ECSC. Dende xuño de 2016, investigador postdoutoral no "Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS)”. Desde 2018 a 2022, investigador "Ramón y Cajal" (RYC-2016-19802) no CiTIUS-USC, desde 2019 a 2022 miembro do board do "ACL Special Interest Group on Natural Language Generation" (SIGGEN), desde 2013 a 2019 miembro do board da sociedade europea de Lóxica e Tecnoloxías Fuzzy (EUSFLAT). Actualmente, Profesor Titular no Departamento de Electrónica e Computación da USC e Investigador Vinculado ao CiTIUS, Vice-Presidente do grupo de traballo sobre "Explainable Fuzzy Systems" no comité técnico de "Fuzzy Systems" na asociación internacional "IEEE Computational Intelligence Society" (IEEE-CIS), editor asociado das revistas IEEE Computational Intelligence Magazine (ISSN: 1556-603X)(Q1 no ISI-JCR), IEEE Transactions on Fuzzy Systems (ISSN:1063-6706)(Q1 no ISI-JCR), e International Journal of Approximate Reasoning (ISSN:0888-613X) (Q2 no ISI-JCR); membro do grupo de traballo "Fuzzy Systems Software" de IEEE-CIS, e membro do "High School Outreach subcommittee" de IEEE-CIS. "Honorary Research Fellow" (2016) na "University of Aberdeen" (Escocia) e "Research Fellow" (2017) na "Universitá degli Studi di Bari Aldo Moro" (Italia). Autor de máis de 190 publicacións en revistas internacionais, capítulos de libros e congresos, con revisión por pares. As principais liñas de investigación inclúen: explainable and trustworthy artificial intelligence, computational intelligence, interpretable fuzzy systems, natural language generation, development of free software tools, etc.