TELSEC4TAI: Intelixencia Artificial Fiable: Retos Técnicos, Éticos, Legais, Culturais e Socio-económicos

A rede temática TELSEC4TAI reúne a 12 grupos de investigación amplamente recoñecidos tanto a nivel nacional como internacional co fin de crear unha comunidade forte que poida liderar investigacións en Intelixencia Artificial (IA) de confianza (Trustworthy AI ou simplemente TAI en inglés), fomentando a colaboración con outros grupos de referencia internacionais, coa industria e entre os propios membros da rede.

Ademais, aspiramos a concienciar a sociedade sobre a importancia de avanzar cara a unha nova xeración de dispositivos intelixentes que respecten e promovan os principios de non discriminación e equidade, con capacidade para explicar as súas decisións de forma comprensible para as persoas.

Obxectivos

Esta rede de excelencia investigadora ten 4 obxectivos principais:

  • Colaboración multidisciplinar: Maximizar a colaboración entre os membros da rede con especial interese na investigación multidisciplinar.
  • Oportunidades para novos investigadores: maximizar as oportunidades para novos investigadores talentosos en TAI.
  • Internacionalización e recoñecemento: Maximizar a internacionalización e o recoñecemento da investigación española en TAI.
  • Colaboración academia-industria-sector público: Promover a colaboración entre a academia, a industria e o sector público no desenvolvemento e uso da TAI.


Ligazón á páxina web do proxecto