Xosé Manuel Pardo López
Son Catedrático da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Son doutor en Física pola mesma universidade dende 1998, pola miña investigación en análise de imaxe médica 3D. Fun ivestigador posdoutoral no Centro de Visión por Computador (Barcelona) e no INRIA Sophia Antipolis (Francia), entre 1998 e 2000.
O meu interese investigador está no campo da visión por computador, incluindo atención visual e a aprendizaxe continua para recoñecemento de escenas e obxectos, e na segmentación e análise de imaxe biomédica.
Persoal investigador vinculado
/team/xose-manuel-pardo-lopez
team_gl