HRS4R

Human Resources Strategy for Researchers

A USC foi recoñecida pola Comisión Europea coa acreditación «HR Excellence in Research» (Excelencia de Recursos Humanos en Investigación) en 2017. Esta acreditación identifica as institucións e organismos europeos que ofrecen e apoian condicións de traballo favorables e un ambiente motivador para o persoal investigador.

Extratexia de Recursos Humáns

A USC e o CiTIUS están comprometidos coa excelencia na xestión de equipos e persoas así como co mantemento dunha contorna estimulante e motivadora para o desenvolvemento da investigación por mor disto subscriben os principios da Carta Europea do Persoal Investigador e o Código de Conduta para a Contratación de Persoal Investigador.