Neste sentido, puxéronse en marcha diferentes iniciativas, desde a organización de actividades de fomento do emprendemento no marco do Plan de Formación do CiTIUS ata o apoio e asesoramento na creación de Empresas de Base Tecnolóxica ( EBTs). Froito deste esforzo, desde a creación do centro xa se crearon varias spin-off a partir dos nosos resultados de investigación.
Situm nace en 2015 da man de 3 investigadores predoutorais: Cristina Gamallo, Adrián Canedo e Víctor Álvarez.
Partindo de que os sistemas de localización tradicional ( GPS) non funcionan baixo teito, Situm crea unha tecnoloxía multisensorial de localización e navegación en interiores que permite localizar un dispositivo nunha gran superficie.
Páxina webInVerbis creouse en 2021 impulsada por un equipo de investigadores do CiTIUS, Alejandro Ramos, Senén Barro, Alberto Bugarín, Manuel Lama e Manuel Mucientes.
InVerbis céntrase na minería de procesos, analizando automaticamente a súa execución nas organizacións e contribuíndo á optimización, automatización e predición da evolución dos fluxos de traballo nas empresas.
Páxina webImagames foi promovida por 3 investigadores do CiTIUS, Manuel Lama, Juan Carlos Vidal e Arturo Casal, socios fundadores da mesma.
Imagames orientábase ao desenvolvemento de solucións gamificadas en diversos dominios como a formación de empregados e estudantes ou o márketing dixital. A spin- off desenvolveu a súa actividade ata 2021.
Cilenis xurdiu en 2011 a partir da liña de investigación PROLNAT@GE, coordinada por Pablo Gamallo. O seu obxectivo era a creación de aplicacións avanzadas do procesamento da linguaxe natural.
Durante a súa andaina, a empresa lanzou o portal de ferramentas lingüísticas Linguakit e Avalingua, na actualidade licenciado a ProWritingAid. A spin- off desenvolveu a súa actividade ata decembro do ano 2015.